RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Lucía Rivas, citada pola selección española sub-17 para a Fase Final do Campionato de Europa

Lucía Rivas foi convocada pola selección española sub-17 para a fase de preparación e para a Fase Final do Campionato de Europa da categoría que se xogará en Suecia do 3 ao 18 de maio.

A canteirá branquiazul concentrarase co combinado nacional na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid) o luns 29 de abril antes de viaxar ao país escandinavo o venres 3 de maio.

Xa en Suecia, os rivais de Lucía Rivas na Primeira Fase serán Polonia, Bélxica e Portugal, con este calendario:

Luns 6 de maio
18:30: ESPAÑA - PORTUGAL no Malmö IP en Malmö

Xoves 9 de maio
15:30: ESPAÑA - POLONIA, no Klostergardens IP en Lund

Domingo 12 de maio
15:30: BÉLXICA - ESPAÑA, no Klostergardens IP en Lund

Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais, que se xogarán o mércores 15 de maio

Lucia Rivas é unha dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.