RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Venezuela, con Michi Apóstol no once, non puido con Paraguay no inicio da Fase Final do Campionato Suramericano sub-20

Michi Apóstol está concentrada coa selección venezolana sub-20 no Campionato Suramericano que se disputa durante este mes en Guayaquil (Ecuador).

A futbolista branquiazul iniciou esta pasada madrugada en España ante Paraguay a Fase Final no Estadio Modelo Alberto Spencer Herrera.

As paraguaias accederon como campioas do grupo A mentres que as venezolanas como terceiras clasificadas do grupo B.

A atacante deportivista xogou completo un partido saldado con derrota de Venezuela (2-0).

A próxima cita para Michi Apóstol será o vindeiro venres 26 ás 23:00 (horario español) ante Colombia.

Os rivais na Primeira Fase da 'Vinotinto' foron Bolivia, Colombia, Brasil e Chile. Michi Apóstol xogou completos os 4 partidos.

Neles, Venezuela gañou a Bolivia (6-0) e Chile (1-0); e caeu con Colombia (4-1) e Brasil (1-2). A futbolista branquiazul anotou 1 gol ante Bolivia e ademais deu unha asistencia. 

O calendario de partidos das venezolanas no Campionato Suramericano, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Venres 12 de abril
VENEZUELA 6 - BOLIVIA 0

Mércores 17 de abril
COLOMBIA 4 - VENEZUELA 1

Venres 19 de abril
VENEZUELA 1 - BRASIL 2

Sábado 20 de abril
VENEZUELA 1 - CHILE 0

Fase Final
Mércores 24 de abril
PARAGUAY 2 - VENEZUELA 0

Viernes 26 de abril
23:00: COLOMBIA - VENEZUELA

Michi Apóstol é un dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Lucía Rivas, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado tamén con Venezuela.