RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

A Peña Deportivista Avante Forza foi inaugurada onte xoves en Malpica

Onte xoves inaugurouse a Peña Deportivista Avante Forza. A asociación atópase situada no Cafe Bar Lúa, na rúa Patria Galega 19, en Malpica de Bergantiños e conta con 80 socios.

Xunto aos membros da agrupación branquiazul e os directivos da Federación de Peñas, encabezada polo seu presidente Luis Martínez, estiveron a representar ao Dépor Dani Barcia e Eric Puerto, xogadores do primeiro cadro do Dépor; Marta Rico e Michi Apóstol, xogadoras do Dépor ABANCA, e o Conselleiro Carlos Ballesta. Os xogadores e xogadoras compartiron un agradable intre coa afección branquiazul e puideron asinar autografos e fotografarse cos máis pequenos.