RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

O RC Deportivo súmase á Fin de Semana das Peñas

O RC Deportivo súmase á celebración que tendra lugar este sábado e domingo, días nos que se desenvolverá a Fin de semana das Peñas. A Federación de Peñas Deportivistas organiza unhas xornadas de celebración para todo o deportivismo. O sábado desde as 13.00 horas os afeccionados branquiazuis poderán achegarse ás inmediacións do estadio para gozar dos puntos gastrónomicos e actuacións musicais. A celebración, que se deterá desde as 18:30 horas até a finalización do encontro entre o Dépor e a Cultural, tamén seguirá durante o pospartido. O domingo, día no que se disputa o Dépor ABANCA - Cacereño, tamén se prolongará a xornada festiva. Neste caso comezando após a finalización do encontro do Dépor ABANCA.

O Dépor para conmemorar esta fin de semana festiva convidou á directiva da Federación de Peñas a asitir ao palco de honra de ABANCA-RIAZOR no partido do sábado entre o Dépor e a Cultural e o domingo no Dépor ABANCA - Cacereño..

 

Día DÉ Belas Artes

Ademais, o RC Deportivo continuará o vindeiro sábado 20 de abril, no décimo sexto partido de Liga en ABANCA-RIAZOR, fronte á Cultural e Deportiva Leonesa (19:00 horas), coa iniciativa "O Día DÉ", coa que abre o Palco de Honra do Estadio á afección e á cidadanía. Este encontro será "O Día DÉ Belas Artes", no que o RC Deportivo convida a profesionais de sete belas artes.

Varios artistas vinculados á arquitectura, a danza, a escultura, a música, a pintura, a literatura e o cinema, galegos e na súa maioría coruñeses e coruñesas e deportivistas, terán a ocasión de gozar do partido desde o palco principal do recinto, a localidade máis exclusiva e con mellor visibilidade de ABANCA-RIAZOR, onde tamén estarán representantes das peñas deportivistas.

Todos os invitados contan co recoñecemento das súas industrias coa obtención de premios ao seu traballo en diferentes facetas.

En cada partido en ABANCA-RIAZOR esta temporada, máis da metade das localidades do Palco de Honra estarán dedicadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector da afección, para facer a entidade máis próxima e dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.