RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

A prensa protagoniza o "Día Dé" ante o SD Tarazona en ABANCA-RIAZOR

O RC Deportivo continuará o vindeiro domingo 18 de febreiro, no duodécimo partido de Liga en ABANCA-RIAZOR, fronte ao SD Tarazona (19:00 horas), coa iniciativa "O Día Dé", coa que abre o Palco de Honra do Estadio á afección e á cidadanía. Este duodécimo encontro será "O Día Dé Prensa", no que o RC Deportivo convida a directores dos principais medios de comunicación locais e autonómicos que seguen a actualidade do Club.

Directores e responsables de medios coruñeses e galegos que informan sobre o día a día do Dépor terán a ocasión de gozar do partido desde o palco principal do recinto, a localidade máis exclusiva e con mellor visibilidade de ABANCA-RIAZOR.

Nesta ocasión, como xa sucedeu nalgún encontro anterior, sumaranse a eles unha vintena de Socios de Ouro.

En cada partido en ABANCA-RIAZOR esta temporada, máis da metade das localidades do Palco de Honra estarán dedicadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector da afección, para facer a entidade máis próxima e dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.