RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

As entradas para o Dépor-CE Sabadell FC, xa á venda

Xa están á venda as entradas para o partido do sábado 16 de marzo ás 18:00h. fronte á CE Sabadell FC en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 28ª xornada do grupo 1 de Primera Federación. As socias e os socios do RC Deportivo poden acceder directamente co seu carné en formato físico ou dixital, este último a través da APP RC Deportivo: https://rcdeportivo.es/gl/app.

Os prezos para o público oscilan entre os 100 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 20 dos fondos. Tamén se pode consultar a posibilidade de alugar un Palco VIP a través de areasvip@rcdeportivo.es.

As entradas poden adquirirse en calquera momento a través da páxina bancada.rcdeportivo.es, na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) no seu horario habitual, de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00, ou o mesmo sábado 16 a partir das 15:00h. e até o descanso do partido nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes.

Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.