RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Derrota pola mínima de Michi Apóstol ante Brasil na terceira xornada do Campionato Suramericano sub-20

Michi Apóstol está concentrada coa selección venezolana sub-20 no Campionato Suramericano que se disputa durante este mes en Guayaquil (Ecuador).

Os rivais na Primeira Fase da 'Vinotinto' son Bolivia, Colombia, Brasil e Chile. Os 3 primeiros clasificaranse para a Fase Final do torneo.

Esta pasada madrugada, Venezuela caeu (1-2) pola mínima ante Brasil no Estadio Alberto Spencer Herrera, con Michi Apóstol no campo todo o encontro.

A futbolista branquiazul dispuxo dalgún bo remate á portería brasileira como no minuto 54, desde máis de 30 metros; ou no minuto 60, desviado.

A segunda cita para Venezuela neste torneo foi na madrugada do pasado mércores en España, ante Colombia.

Venceron as colombianas (4-1), con Michi Apóstol no once inicial venezolano nun partido que se puxo costa arriba xa aos 2 minutos cun gol en propia porta.

A atacante deportivista dispuxo dalgunha oportunidade como un remate no minuto 58. Ademais no minuto 83 asistiu a Rebecca Veiga, que disparou ao poste da portería de Colombia.

O primeiro partido para a futbolista branquiazul foi o pasado venres 12 fronte a Bolivia.

Michi Apóstol tamén xogou completo o partido e anotou no minuto 53 un do seis goles do seu equipo ante as bolivianas (6-0) mediante un disparo raso dentro da área. Ademais asistiu a Francelis Graterol no sexto tanto.

Puido marcar algún gol máis por exemplo un remate ao traveseiro no minuto 36 ou un disparo que se foi lixeiramente desviado no 83.

A próxima cita para Venezuela no torneo será mañá sábado 20 de abril ás 23:00 (hora española).

O calendario de partidos das venezolanas no Campionato Suramericano, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Venres 12 de abril
VENEZUELA 6 - BOLIVIA 0

Mércores 17 de abril
COLOMBIA 4 - VENEZUELA 1

Venres 19 de abril
VENEZUELA 1 - BRASIL 2

Sábado 20 de abril
23:00: VENEZUELA - CHILE, no Estadio Alberto Spencer Herrera

Michi Apóstol é unha dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Lucía Rivas, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado tamén con Venezuela.