Paris Adot e Pablo Martínez, baixas de última hora por lesión
Paris Adot e Pablo Martínez, citados onte por Imanol Idiakez, caeron esta mesma tarde da convocatoria final para o partido en ABANCA-RIAZOR ante a SD Ponferradina.
O lateral navarro sofre unhas molestias na musculatura isquiotibial da súa perna esquerda; mentres que o central hispano-francés é baixa por prescrición médica despois do traumatismo cranioencefálico sufrido o pasado domingo no Estadio Reino de León.