ORZÁN SD
O Real Club Deportivo e o Orzán SD asinaron en decembro de 2019 un acordo para dar un paso máis na súa relación de fomento do fútbol feminino e formativo. Desde entón, o Deportivo ABANCA conta con, ademais do Dépor ABANCA B, outros dous conxuntos filiais máis, un en 1ª Autonómica, con xogadoras maioritariamente xuvenís, e outro en 2ª Autonómica, fundamentalmente con futbolistas cadetes. Con este acordo, o Real Club Deportivo pasa a cumprir as Normas Reguladoras das Competicións de Fútbol Feminino Profesionalizado de Ámbito Estatal que recollen que "será obrigatorio para os equipos de Divisións RFEF, ter tres equipos de fútbol base, dependente ou filial".
Filtros
23/05/2023 22:37 |
Elena Vázquez, á final do Europeo sub-17 o venres contra Francia
20/05/2023 14:50 |
O Orzán SD Infantil Feminino dáse unha alegría ante o Atlético Arousana
18/05/2023 11:57 |
A selección española sub-16 cita a Lucía Rivas para un torneo en Finlandia
17/05/2023 20:37 |
O Orzán SD Xuvenil Feminino avanza aos cuartos de final da Copa da Coruña
16/05/2023 17:42 |
Segundo partido de Elena Vázquez e España no Europeo sub-17, mañá ante Suíza