RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor ABANCA B incorpora á central asturiana Sara Barreda

Sara Barreda García (Gijón, 12 de xuño de 2008), coñecida futbolísticamente como Sara Barreda, firma polo Dépor ABANCA B até xuño de 2027 con posibilidade de ampliación.

Xoga de defensa central e procede do Sporting de Gijón, onde se formou como futbolista.

Subiu ao primeiro equipo sportinguista na temporada 2022-23, con tan só 14 anos. Nesta campaña participou en 17 encontros.

Após o ascenso a Segunda Federación, xogou 16 partidos de liga, 13 deles como titular, na temporada 2023-24. E 25 partidos, 21 deles como titular, na 2024-25 tamén en Segunda Federación, aos que hai que sumar 1 de Copa de la Reina, contra o Dépor ABANCA en Mareo, correspondente á 2ª eliminatoria.

Así pois, acumula un total de 59 encontros co Sporting de Gijón, e é internacional española en categorías sub-15 e sub-16.

Sara Barreda é a segunda incorporación confirmada no Dépor ABANCA B para a súa estrea en Segunda Federación após a fichaxe xa anunciada de Daniela Valbuena.