RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Lucas Noubi desprázase este xoves a Gales para medirse o venres 10 con Bélxica sub-21 á selección galesa

Lucas Noubi prepara en Bruxelas coa selección belga sub-21 dous partidos clasificatorios para o Campionato de Europa da categoría.

O central deportivista incorporouse o pasado luns 6 de outubro á concentración de Bélxica e desprázase este xoves a Gales.

O primeiro dos dous rivais será a selección galesa, este venres 10 de outubro ás 19:00 (hora galega) no Estadio Rodney Parade en Newport.

Até a data, o equipo belga suma 1 punto no seu único partido disputado no grupo I, que lideran Dinamarca e Austria con 3.

O calendario de partidos do defensor do Dépor é o seguinte:

Venres 10 de outubro
18:00 (hora local, 19:00 hora galega): GALES - BÉLXICA, no Estadio Rodney Parade en Newport

Martes 14 de outubro
20:00: BÉLXICA - DINAMARCA, en het Kuipje en Westerlo (Bélxica)

Lucas Noubi participou en 2 partidos no que vai de Liga Hypermotion. Por esta citación de Bélxica Sub-21, o defensor branquiazul será baixa segura na visita do Dépor ao Málaga CF prevista para este domingo 12 de outubro ás 21:00 horas.