RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

A España sub-17 de Antía Veiga debuta no Mundial sub-17 con goleada a Colombia

-Foto:@rfef.es

 

Antía Veiga, con España sub-17, vixente subcampioa, iniciou este domingo 19 de outubro o Campionato do Mundo da categoría que se celebra en Marrocos.

O primeiro rival na fase de grupos foi Colombia nun encontro celebrado no Football Academy Mohammed VI de Rabat.

Golearon por 4-0 as españolas, moi superiores ao seu rival, e a canteirá deportivista seguiu o partido desde o banco.

A próxima cita para o combinado nacional será este mércores 22 de outubro ás 14:00 (hora galega) ante a República de Corea.

O calendario de España sub-17, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Domingo 19 de outubro
ESPAÑA 4 - COLOMBIA 0

Mércores 22 de outubro
14:00: ESPAÑA - REPÚBLICA DE COREA, no Football Academy Mohammed VI Rabat

Sábado 25 de outubro
14:00: COSTA DE MARFIL - ESPAÑA, no Football Academy Mohammed VI Rabat

Antía Veiga leva até a data 3 partidos xogados como titular no Deportivo ABANCA B de Segunda Federación.