RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Primeiro test de Antía Veiga e España sub-17 ante México previo ao Mundial de Marrocos

-Foto:@rfef.es

 

Antía Veiga (na foto de pé a primeira futbolista empezando pola esquerda) con España sub-17 disputou nas instalacións do Marbella Football Center o seu primeiro test antes do Campionato do Mundo de Marrocos.

O rival foi México nun choque a porta pechada que concluíu en empate.

Este domingo 12 de outubro, España enfrontarase a Estados Unidos no último encontro de preparación, tamén a porta pechada.

No Mundial, os rivais Antía Veiga na Primera Fase serán Colombia, República de Corea e Costa de Marfil.

O calendario das españolas é o seguinte:

Domingo 19 de outubro
20:00: ESPAÑA - COLOMBIA, no Football Academy Mohammed VI Rabat

Mércores 22 de outubro
14:00: ESPAÑA - REPÚBLICA DE COREA, no Football Academy Mohammed VI Rabat

Sábado 25 de outubro
14:00: COSTA DE MARFIL - ESPAÑA, no Football Academy Mohammed VI Rabat

Antía Veiga, que acaba de renovar o seu contrato até 2028, leva até a data 3 partidos xogados como titular no Deportivo ABANCA B de Segunda Federación.