RCD / #ANOSAFORZA / DESTINO DÉPOR

DESTINO DÉPOR

DESTINO DÉPOR permite a todos os socios e afeccionados do Deportivo acudir aos partidos que o Dépor, o Fabril e o Deportivo ABANCA disputan como locais en ABANCA-RIAZOR, Abegondo e Arteixo, respectivamente. Os abonados aforraranse deste xeito todos os gastos de desprazamento, mentres que os demais seguidores só abonarán un pequeno suplemento de transporte sobre o prezo da entrada de cada partido. En ámbolos casos, co servizo Destino Dépor, os deportivistas non se preocuparán da condución e minimizaranse os problemas de tráfico, mobilidade e ambientais xerados por un encontro de fútbol.

Accede a DESTINO DÉPOR aquí
http://destinodepor.rcdeportivo.es

 

DESTINO RIAZOR

O Real Club Deportivo, co obxectivo de fomentar o deportivismo na provincia da Coruña, en toda Galicia e, sobre todo, facilitar e facer máis seguro o desprazamento dos seus afeccionados a ABANCA-RIAZOR desde diferentes puntos da comunidade autónoma, ten en funcionamento desde a Temporada 2015-2016 o proxecto Destino Riazor, un servizo que permite a todos os socios que o desexen acudir aos partidos no municipal coruñés de maneira gratuíta, mentres que o resto de afeccionados únicamente pagan un pequeno suplemento sobre a entrada de Preferencia Superior de cada un dos partidos que o Dépor xoga en casa. 

Entre 10 e 15 días antes de cada partido ábrense os prazos de inscrición para cada unha das rutas propostas en cada encontro, que se publican na páxina web do Club: www.rcdeportivo.es e na correspondente sección de Destino Dépor. A confirmación das rutas activas en cada xornada publícase entre 3 e 5 días antes de cada partido. Ademais comunícase directamente aos interesados.

Todas as rutas conclúen o seu percorrido na Avenida de La Habana, bancada de Preferencia do Estadio ABANCA-RIAZOR, e inician o regreso 30 minutos despois de acabar cada partido desde o mesmo punto de chegada (Porta 20 - Dirección Rolda de Nelle)

O paquete Destino Riazor inclúe:

  • Traslados en autocar
  • Seguro de viaxe
  • Entrada en Preferencia Superior para asistir ao encontro (excepto no caso dos socios)

 

DESTINO ARTEIXO E DESTINO ABEGONDO

O Real Club Deportivo, na súa procura constante da mellor atención e servizo aos seus seguidores, ten tamén activos os servizos Destino Arteixo e Destino Abegondo para que os socios e afeccionados do Dépor poidan acudir dun modo económico, cómodo e sinxelo aos partidos que disputan o Deportivo ABANCA en Ponte dos Brozos e o Fabril na Cidade Deportiva de Abegondo.

En ámbolos destinos, a saída realízase desde a Deportienda de Riazor unha hora antes do momento fixado para o inicio de partido e o regreso ten lugar 15 minutos despois de finalizado o encontro.

 

INFORMACIÓN XERAL

Tanto para Destino Riazor como Destino Abegondo e Destino Arteixo, pódese realizar calquera tipo de consulta en destinodepor@rcdeportivo.es ou no 981 259 500 (Ext. 1 - Oficina de Atención ao Deportivista) en horario de apertura da propia OAD (de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas)

 

Avisos importantes

Dado que a posta en marcha dos programas supón un investimento económico para o Club, só se activarán as rutas que teñan un mínimo 30 afeccionados inscritos. Por ese mesmo motivo os socios/afeccionados que, unha vez inscritos, se dean de baixa dunha ruta ou non acudan á mesma, serán penalizados sen poder acceder á seguinte viaxe. Así mesmo, as prazas do autobús son limitadas, polo que unha vez completadas as prazas (por rigorosa orde de inscrición) non se aceptarán máis solicitudes para a devandita ruta.

Aqueles afeccionados que non se atopen á hora indicada nas paradas sinaladas, tanto no traxecto de ida como de regreso, corren o risco de perder o autobús.

O dereito de uso gratuíto deste servizo outórgaselle unicamente ao titular do abono ou ao comprador da entrada, polo que se levará un rigoroso control e o acceso ao autobús realizarase mostrando abono e DNI ao condutor.

Filtros

Buscar
Reset
1-7 de 79