RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O deportivismo brilla en Londres

O deportivismo faise notar en Londres aproveitando a concentración de pretemporada de Os Nosos na capital inglesa.

Este xoves, após finalizar o adestramento diario, o cadro de xogadores e técnicos ao completo dirixiuse a Kentish Town, na parte noroccidental da cidade, para un 'meet & greet' cos afeccionados branquiazuis no seu maior parte residentes, e pertencentes á populosa pena deportivista RCD London.

En que consiste un 'meet & greet'? Pois traducido ao noso idioma trátase dun encontro nun mesmo local entre seareiros e futbolistas dun equipo, neste caso o Dépor.

O obxectivo deste tipo de actos, como o de hoxe xoves, é achegar aínda máis o equipo a #ANOSAFORZA e que afeccionados de todas as idades poidan charlar cos seus ídolos, fotografarse con eles...

Boa parte destes seguidores branquiazuis animaron onte desde a bancada de Vicarage Road no primeiro amigable ante o Watford e seguro que boa parte acudirá ao segundo amigable do Deportivo en Inglaterra, previsto para este sábado 2 de agosto ás 16:00 (hora galega, 15:00 hora local) en Middlesbrough.

Sen dúbida, Londres xa é un chisco máis branquiazul.