RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

#ANOSAFORZA

A Coruña é unha cidade futboleira desde os inicios deste deporte. O RC Deportivo foi un dos primeiros clubs españois en dispor dun campo propio e tamén dos primeiros en contar cun grande estadio, xa nos anos 40 do pasado século. Con máis de 24.000 socios, o RC Deportivo é un dos clubs con maior arraigamento en proporción á poboación da súa cidade. Un de cada dez coruñeses asiste a ABANCA-RIAZOR cada quince días. Eles, e os moitos deportivistas que animan desde outros recunchos de Galicia e do planeta, son o motivo polo que día tras día case 300 persoas, desde o céspede até as oficinas, dan o mellor de si mesmas. Por todo iso, a nosa afección é o alicerce que sostén ao RC Deportivo: #ANOSAFORZA.