RCDeportivo Logo
Cabecera_WEB_Máster.webp

MÁSTER EN FÚTBOL DATA ANALYTICS

PROFESORADO EN ACTIVO

Profesionais de clubs e empresas do sector

PRÁCTICAS REAIS

Na contorna do RC Deportivo

+27% ANUAL

Crecemento do mercado da analítica deportiva

3 ESPECIALIZACIÓNS

Adaptadas ao teu perfil profesional

Aprende a tomar decisións mediante a análise de datos.

A TECNOLOXÍA E O DATO AO SERVIZO DO FÚTBOL DE ELITE

SOLICITA INFORMACIÓN

Formación práctica, intensiva e enfocada ao fútbol profesional.
 Máis de 20 anos formando adestradores no ámbito profesional do fútbol.

Lin e acepto o Aviso Legal, a Política de Privacidade e a Política de Cookies do RC Deportivo. Así mesmo, autorizo o tratamento dos meus datos por parte de SBL Education, socio académico do RC Deportivo, para xestionar e responder á miña solicitude de información sobre o máster.

  • 2026-04-30DDixi_422.jpg
  • 2026-04-30DDixi_98.jpg
  • 2026-04-30DDixi_442 (1).jpg
  • 2026-04-30DDixi_324.jpg

SPORTS DATA SUMMIT – A CORUÑA (Incluído na matrícula do máster)

O Sports Data Summit é o evento anual que converte A Coruña no punto de encontro entre o fútbol, os datos e a tecnoloxía. Goza dunha fin de semana na que saír da aula e ver como se analiza, se decide e se compite con datos no deporte de elite, incluído un partido no estadio ABANCA-RIAZOR

1 - Sesións maxistrais

Relatorios de profesionais do fútbol e sesións con empresas e entidades tecnolóxicas de A Coruña vinculadas ao dato, impartidos por referentes do sector.

2 - Aplicación práctica

Este bloque busca complementar a teoría vista no máster coa análise de casos reais: traslada o aprendido na aula ao rendemento, ao scouting e á toma de decisións nos equipos.

3 - Networking profesional

Unha inmersión no club: visita ás instalacións do RC Deportivo e acceso a eventos deportivos da cidade, entre eles o partido no Abanca-Riazor. A ocasión perfecta para conectar en persoa con analistas, adestradores, xestores e referentes do ecosistema do deporte e da tecnoloxía.

“ESTUDA O FUTURO DO FÚTBOL E FORMA PARTE DEL”

“ESTUDA O FUTURO DO FÚTBOL E FORMA PARTE DEL”

Formato híbrido

Clases en liña en directo, contidos gravados para ver cando queiras e módulos presenciais na Coruña.

Aprendizaxe mediante proxectos reais

Con titorías individuais co director académico e mentores profesionais.

Acceso a datos reais

Traballa coas mesmas fontes de datos que utiliza o RC Deportivo de A Coruña.

Clases maxistrais

Con profesionais do fútbol en activo.

Socio académico

Titulación co respaldo de SBL Education.

UNHA BASE COMÚN E TRES ESPECIALIZACIÓNS PROFESIONAIS

1. Bloque común ás tres especializacións

O máster parte dun bloque común para que, unha vez consolidados os coñecementos, escollas entre os tres itinerarios deseñados para especializarte.

Conceptos de fútbol e datos (introdución)

Python desde cero

Matemáticas e estatística

Bases de datos · SQL

Programación avanzada

Visualización de datos

2. Despois, elixe a túa especialización

Tres perfís distintos, cada un coas súas propias saídas profesionais:

Especialidad-Analista de Datos

Data Science, Machine Learning, Deep Learning e Computer Vision aplicados ao fútbol de elite.

Saídas profesionais: Responsable de Innovación, consultor de datos deportivos, analista de scouting, enxeñeiro de ML.

Especialidade-Adestrador e Director Deportivo

Xestión das diferentes fontes de datos que a tecnoloxía ofrece a adestradores, directores deportivos e membros do corpo técnico.

Saídas profesionais: Director Deportivo, Responsable de Scouting, Adestrador, Analista Técnico.

Especialidade-Preparador Físico

Transformar os datos en información cualitativa para optimizar o rendemento, axustar a carga de traballo e reducir o risco de lesións.

Saídas profesionais: Head of Performance, Sports Scientist, Preparador Físico.

PROGRAMA DE PRÁCTICAS

Completa a túa formación académica con prácticas integradas en proxectos reais de cada especialización. O RC Deportivo de A Coruña é o teu contorno de referencia, que complementamos con convenios con outros clubs, entidades e empresas do ecosistema do fútbol, os datos e a tecnoloxía. Proxectos reais, supervisados por mentores profesionais.

  • SUSY4167-Pano.jpg
  • 2025-12-13_5.jpg
  • 2025-01-08_3.jpg

O QUE NECESITAS PARA ESTUDAR O MÁSTER

REQUISITOS DE ACCESO

Non é necesario contar cunha titulación universitaria; o programa adáptase a distintos perfís.

Motivación e coñecemento da contorna do fútbol profesional.

Entrevista de admisión co equipo académico.

Se tes unha boa traxectoria no fútbol ou no ámbito académico, poderás optar a unha bolsa de perfil potencial.

Este máster é para ti se es...

Amante do fútbol que quere converter a súa paixón en profesión.

Adestrador, preparador físico, scout ou técnico que quere incorporar a analítica ao seu día a día.

Profesional do sector deportivo que busca diferenciarse nun mercado orientado aos datos.

Analista ou profesional dos datos que quere aplicar as súas habilidades á industria do fútbol.

O teu futuro nos terreos de xogo

  • Responsable de Innovación

    Responsable de Innovación

    Lidera a implementación de novas tecnoloxías e metodoloxías de análise no club.

  • DIRECTOR DEPORTIVO

    DIRECTOR DEPORTIVO

    Máximo responsable da planificación do club: fichaxes, estrutura e modelo de xogo.

  • ADESTRADOR

    ADESTRADOR

    Incorpora o dato á planificación dos adestramentos e á toma de decisións durante o partido.

  • COORDINADOR DE DATOS NA DIRECCIÓN DEPORTIVA

    COORDINADOR DE DATOS NA DIRECCIÓN DEPORTIVA

    Supervisa que os datos cheguen no formato e no momento axeitados para tomar decisións estratéxicas.

  • RESPONSABLE DE RENDEMENTO

    RESPONSABLE DE RENDEMENTO

    Lidera a área de rendemento do club, combinando datos físicos, tácticos e de saúde do equipo.

  • Analista de rendemento

    Analista de rendemento

    Recompila, procesa e interpreta datos de rendemento físico e táctico dos xogadores.

  • Analista de scouting

    Analista de scouting

    Especialista en identificación e avaliación de talento a través da análise de datos.

  • CONSULTOR DE DATOS DEPORTIVOS

    CONSULTOR DE DATOS DEPORTIVOS

    Asesora a clubs e marcas deportivas sobre como implementar sistemas de análise de datos.

PREGUNTAS FRECUENTES

Tes dúbidas? Aquí respondemos as máis habituais

Non é necesario. O bloque común inclúe Python desde cero, cunha progresión pensada para calquera perfil, independentemente da súa experiencia técnica previa.

As sesións presenciais concéntranse no Sports Data Summit, que terá lugar na Coruña durante o curso académico.

Días antes de finalizar o bloque común enviarase unha notificación co prazo no que, co acompañamento do equipo académico e segundo o teu perfil e os teus obxectivos profesionais, seleccionarás a especialidade.

Os alumnos traballan con datos reais do club durante o programa, en proxectos con problemáticas reais e co apoio dos seus profesionais.

Son seis horas semanais de clases síncronas (non obrigatorias) que o alumno pode xestionar no campus.

Intégranse nos proxectos de cada especialización, na contorna real do RC Deportivo e baixo a supervisión de mentores profesionais.