RCD / NOVAS

A peña Don Bosco Pepe Guillín premia esta tarde a Florin Andone

13/12/2017 13:14

A peña deportivista Don Bosco Pepe Guillín distingue esta tarde ao dianteiro deportivista Florin Andone pola súa traxectoria profesional.

O acto será hoxe mércores 13 de decembro ás 20:00 horas no Colexio Salesianos, entrada pola rúa Don Bosco nº 15.

Pepe Guillín, ex Conselleiro do Club, leva toda a súa vida vinculada ao deporte coruñés, co Español, o Fabril, o Deportivo e o Hockey Club Liceo, entre outros.

Cada ano, a agrupación deportivista que leva o seu nome e que el mesmo preside, premia a traxectoria profesional dun xogador do Real Club Deportivo. Este ano, o galardón recaeu no dianteiro romanés, máximo goleador do Dépor a temporada pasada.

Triplo premio branquiazul na Gala do Fútbol Base provincial, mañá xoves en Arteixo

O RC Deportivo recibirá premios por triplicado na VI edición da Gala do Fútbol Base da provincia da Coruña, que se celebrará mañá xoves 14 de decembro.

O Centro Cívico Cultural de Arteixo será o escenario, a partir das 20:30 horas, da entrega duns galardóns cos que se premia o esforzo de todos aqueles que traballan por e para o fútbol coruñés.

Entre as diferentes categorías que se entregan, o RC Deportivo recollerá tres premios. En primeiro lugar, haberá un premio para o Club pola súa xestión deportiva. Outro o recollerá Pedro Mosquera, con motivo da súa acción solidaria coa Fundación Sumba. O terceiro será para Manuel Pablo, en recoñecemento á súa traxectoria deportiva.

Enrique Calvete e Pedro Mosquera representarán ao Club neste acto.

Pedro Mosquera recibirá o premio Pirata de Honra este venres 15 en Muxía

A peña deportivista Os Piratas de Muxía concedeu un dos seus 'Piratas de Honra' a Pedro Mosquera.

O Salón do Voluntariado de Muxía acollerá este venres 15 de decembro, a partir das 20:30 horas, o acto de entrega destes galardóns, que cumpren a súa XXIII edición.

O capitán deportivista foi distinguido nesta edición xunto ao veterano deportista Stevo Zas e aos clubs SD Laxe, Muxía CF, FSF Villa de Cee, Fisober FSF e Cabana SD.

Máis novas de: ANDONE, PEDRO MOSQUERA