RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Ainhoa Marín renova 3 temporadas co Dépor ABANCA

Ainhoa Marín Martín (Badalona, Barcelona, 21 de marzo de 2001) renovou o seu contrato como xogadora do Deportivo ABANCA para as tres próximas temporadas. A futbolista branquiazul asinou o seu novo vínculo nun encontro co presidente do RC Deportivo, Antonio Couceiro, nunha proba da solidez e perspectiva de futuro do proxecto Deportivista.

Ainhoa Marín xoga como dianteira e chegou ao club este verán procedente do CE Seagull da súa localidade natal, co que a pasada temporada actuou tamén en Reto Iberdrola. Ainhoa Marín xogou 23 partidos e anotou 7 goles, axudando ao seu equipo para alcanzar a novena praza do Grupo Norte e asegurar a súa continuidade na categoría de prata.

Esta temporada co Dépor ABANCA acumula xa 19 partidos xogados, todos eles como titular, sendo substituída en tan só 3. Neses case 1700 minutos disputados anotou 8 tantos, dous deles de penalti, e deu 4 asistencias. A esta bagaxe en Liga únense 26 minutos e un gol máis contra o Pozuelo na Copa de la Reina.

Formada nas categorías inferiores (xogou en infantil, cadete e xuvenil) do FC Barcelona, en 2018 fichou polo RCD Espanyol despois da súa única temporada nas filas do equipo B azulgrana. Xa como xogadora perica foi protagonista dunha das maiores xestas do fútbol español, xa que formou parte da selección sub-17 que se proclamou campioa do mundo da categoría a finais de 2018 en Uruguai. Naquela selección tamén xogaba a exdeportivista María Méndez. Despois de dúas campañas no RCD Espanyol, nas que acumulou 31 partidos e 1 gol en Primeira Iberdrola, o pasado verán incorporouse ao CE Seagull.

Ainhoa Marín foi, ademais, internacional con España en categoría sub-19, compartindo convocatorias coas deportivistas Carlota Sánchez, María Ruiz e Paula Gutiérrez, sub-20, onde coincidiu coas exdeportivistas María Méndez, Teresa Abelleira e Athenea del Castillo e xa vestindo a camiseta branquiazul, esta temporada, disputou minutos coa selección española sub-23 (promesas).