RCD / NOVAS

Alevín B e Benxamín B teñen dobre torneo esta fin de semana

15/06/2017 12:05

O Alevín B e o Benxamín B teñen dobre cita esta fin de semana, nos torneos amigables programados polo Club. Ambos os equipos participarán na terceira edición do Torneo Vila das Pontes, no campo do Poblado; e na undécima edición do Trofeo Concello de Boiro, no campo de Vista Alegre, competición esta organizada pola SD Abanqueiro.

Alevín B, sábado nas Pontes e domingo en Boiro

Nas Pontes, este sábado 17, o Alevín B quedou encadrado no grupo C, con Neda, Rayo Sadense e Sagrado Corazón A.

O calendario de partidos da Primeira Fase é o seguinte:

11:00: SAGRADO CORAZÓN A - ALEVÍN B (campo 2)
13:00: RAYO SADENSE - ALEVÍN B (campo 2)
16:00: NEDA - ALEVÍN B (campo 1)

Os dous primeiros clasificados acceden aos cuartos de final, que se xogan a continuación.

No campo de Vista Alegre de Boiro, xa o domingo 18, o Alevín B iniciará a Primeira Fase ante Conxo, Rápido de Bouzas e CDC Santa Teresita.

O calendario de partidos é o seguinte:

11:00: ALEVÍN B - CDC SANTA TERESITA (campo 2A)
13:20: RÁPIDO DE BOUZAS - ALEVÍN B (campo 1A)
16:15: ALEVÍN B - CONXO (campo 2A)

Os dous primeiros do grupo clasifícanse a oitavos de final, que arrincan acto seguido.

O Benxamín B, de Boiro ás Pontes

O Benxamín B arranca a fin de semana este sábado 17 no campo de Vista Alegre de Boiro. O conxunto deportivista pelexará na Primeira Fase do Trofeo Concello de Boiro con Santa Mariña, Santa Teresita e Atlético Fátima.

O calendario de partidos é o seguinte:

10:30: BENXAMÍN B - SANTA MARIÑA (campo 2A)
12:20: BENXAMÍN B - ATLÉTICO FÁTIMA (campo 2A)
15:15: BENXAMÍN B - SANTA TERESITA (campo 1A)

Os dous primeiros clasificados de grupo acceden a oitavos de final, que se xogan a continuación.

O domingo 18, o Benxamín B compite no campo do Poblado nas Pontes. Os seus primeiros rivais serán Ánimas, Viveiro A e Imperátor.

O calendario da Primeira Fase é o seguinte:

11:00: IMPERÁTOR - BENXAMÍN B (campo 4 anexo)
12:00: ÁNIMAS - BENXAMÍN B (campo 4 anexo)
16:00: VIVEIRO A - BENXAMÍN B (campo 4 anexo)

Os dous primeiros de grupo e os dous mellores terceiros dos tres grupos pasan a cuartos de final, que arrancan inmediatamente.

O Infantil A pon rumbo á Cerdanyola Cup

O Infantil A porá mañá venres 16 de xuño rumbo á Cerdanyola Cup 2017, un torneo de fútbol infantil que se disputará na localidade barcelonesa de Cerdanyola do Vallés.

Na Primeira Fase, o cadro deportivista quedou encadrado no grupo F, xunto a Cornellá, Calafell e Nàstic de Tarragona.

O calendario de partidos do Infantil A é o seguinte:

Sábado 17 de xuño
11:55: INFANTIL A - CORNELLÁ (campo de Bobila 1)
15:40: EFB CALAFELL - INFANTIL A (campo de Bobila 1)
19:10: NÀSTIC TARRAGONA - INFANTIL A (campo de Bobila 1)

Os dous primeiros clasificados e os catro mellores terceiros dos seis grupos pasan á Fase Final, que se xoga baixo o sistema de eliminatorias desde oitavos de final.

Os dous restantes terceiros dos seis grupos e o cuarto clasificado pasan a unha Fase de Prata, que se disputa baixo o sistema de eliminatoria desde cuartos de final.

Atlético de Madrid, Eibar, Sevilla e Las Palmas, primeiros rivais do Alevín A en LaLiga Promises

Atlético de Madrid, Eibar, Sevilla e Las Palmas serán os primeiros rivais do Alevín A na 26ª edición do Torneo Nacional Pamesa LaLiga Promises, competición organizada pola Fundación José Ramón de la Morena na que participan os equipos dos 20 clubs de Primeira División.

A edición deste ano xogarase na Ciudad Deportiva Pamesa Cerámica en Vilarreal.

O calendario de partidos da Primeira Fase do equipo deportivista é o seguinte:

Venres 16 de xuño
11:00: ALEVÍN A - ATLÉTICO DE MADRID
13:00: ALEVÍN A - LAS PALMAS
18:30: ALEVÍN A - SEVILLA
20:30: ALEVÍN A - EIBAR

Os catro primeiros de cada grupo pasan a oitavos de final, que se xogan o sábado 17 de xuño.