RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Arturo, novo xogador do Dépor 22-23

Arturo Juan Rodríguez Pérez-Reverte (Cartaxena, Murcia, 30 de abril de 1989) é novo xogador do RC Deportivo até final de temporada e unha campaña máis.

Arturo, como é coñecido futbolísticamente, é un dianteiro centro de gran envergadura (1,88 de estatura) que procede do UD San Sebastián de los Reyes, club no que militaba desde hai 2 temporadas e media. Este curso, co equipo sansero participou nos 21 encontros, sendo titular en 20 deles e marcando 4 goles.

O dianteiro cartaginés conta cunha dilatada experiencia na terceira categoría do fútbol nacional, na que disputou nada menos que 284 partidos (195 como titular) e marcou a nada desdeñable cifra de 75 goles.

Igualmente chegou a xogar 36 encontros e marcar 3 goles en Segunda División, divididos en 2 temporadas nas filas de Córdoba CF (segunda metade da 2013-14), AD Alcorcón e UE Llagostera (2014-15) e novamente o conxunto cordobés (primeira metade da 2015-16).

Na categoría de bronce xogou no Caravaca CF (2011-12), Getafe CF B (2012-13), La Roda CF (primeira metade da 2013-14), FC Cartagena (2016-17), UCAM Murcia (2017-18), CE Sabadell (2017-18 e 2018-19), Atlético Baleares (2019-20) e o mencionado UD Sanse (desde o inicio da 2020-21).

Arturo tamén tivo unha breve experiencia no estranxeiro, cando o Córdoba CF cedeuno ao Dundee FC no mercado de inverno do curso 2015-16. Co conxunto escocés xogou 5 partidos.