RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Bruno Gama, ilusionado desde Montevideo: Hai bos xogadores, un bo adestrador

  Bruno Gama compareció no Hotel Radisson Vitoria de Montevideo ante os medios informativos, poucos minutos después de chegar coa expedición deportivista desde A Coruñá Uruguai.

O extremo deportivista recoñece que a viaxe desde Galicia, vía Madrid e Buenos Aires, "foi un pouco longo".
 
Vaticina ante o RC Celta, este xoves 21, un partido "bonito aquí en Montevideo. Temos ganas de xogar este partido".
 
Calquera derbi galego, sexa onde sexa, para Bruno Gama "hai ganas de xogalo. É un gran derbi e por iso sexa aquí ou onde sexa é bo".
 
Non ve demasiadas diferenzas respecto da súa anterior etapa como deportivista: "Hai xente que xa estaba por aquí, outros son novos. Aos poucos ímonos coñecendo para facer un grupo forte".
 
Ve ao Deportivo con boa pinta: "Hai bos xogadores, un bo adestrador. Aos poucos imos tentar unirnos e formar un grupo forte".
 
Asegura o portugués que esta segunda etapa "vou tentar dar o mellor cando xogue para ser feliz, que é o que quero".