RCD / NOVAS

Calendario e resultados de #ANOSACANTEIRA 7 e 8 de xaneiro de 2017

07/01/2017 20:57

A canteira deportivista arranca a competición oficial en 2017, con partidos ligueiros para Fabril, Deportivo Abanca B, Xuvenil A, Xuvenil B, Infantil A, Infantil B, Alevín A e Benxamín A.

Non teñen competición este fin de semana o Alevín B, que acabou a liga na Segunda Comarcal A Coruña; e o Benxamín B, que retoma a Segunda Comarcal A Coruña o sábado 14 de xaneiro.

O Fabril terá un complicado partido ante o Compostela, en San Lázaro, o domingo 8 de xaneiro ás 17:00 horas. Será sen dúbida o partido máis destacado do fin de semana.

Cristóbal Parralo, técnico fabrilista, citou a estes xogadores: Anxo, Álex Cobo, Blas, Quique, Lucas, Hugo Díaz, Arnau, Manu Molina, Queijeiro, Edu, Álex Corredera, Hugo Rama, Jardel, Borja Galán, Óscar e Borja Domingo.

Nesta ocasión xogan en Abegondo Xuvenil A (o domingo), Xuvenil B, Cadete A e Infantil B (os tres o sábado); ademais do Deportivo Abanca B en Arteixo. Para o choque de mañá de xuvenís, como é habitual, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada custa 3 euros.

Finalmente, o Alevín A impúxose ao Obreiro A (2-5) no partido de ida de cuartos de final da Segunda Fase da Primeira Comarcal. 

O calendario de partidos deste primeiro fin de semana ligueiro en 2017, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Terceira División
COMPOSTELA - FABRIL, o domingo 8 de xaneiro ás 17:00 no Multiusos de San Lázaro

Categoría feminina
Primeira División Autonómica: DEPORTIVO ABANCA B - MILAGROSA, o domingo 8 de xaneiro ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Categoría xuvenil
División de Honra: XUVENIL A - BANSANDER, o domingo 8 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo (campo 1)
Liga Nacional: XUVENIL B 4 (Muri, Rojo -2- e Rivera) - PORRIÑO INDUSTRIAL 0

Categoría cadete
División de Honra: CADETE A 2 (Pichu e Julián) - GALICIA CARANZA 0
Liga Galega, grupo 1º: DUMBRÍA 1 - CADETE B 2 (Pol e Martínez)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º: DUMBRÍA - INFANTIL A, o domingo 8 de xaneiro ás 11:30 no campo de O Conco (Dumbría)
Primeira Autonómica, grupo 1º: INFANTIL B 7 (Álex, Trigo, Quique, Xosé, Baldomar, Dani e Álvaro) - ORILLAMAR 0

Categoría alevín
Segunda Fase da Primeira Comarcal, cuartos de final, ida: OBRERO A 2 - ALEVÍN A 5 (Domínguez -3-, Noah e Diego)

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña: VICTORIA A 0 - BENXAMÍN A 8 (Marcos -3-, Bruno, Jairo, Erick, Montes e Pablo Fernández)