RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Calendario e resultados de #ANOSACANTEIRA o 4 e 5 de febreiro

A visita do Fabril, terceiro clasificado en Terceira División, ao Arosa, quinto na táboa, é o partido máis interesante este fin de semana en #ANOSACANTEIRA. O encontro está fixado para o domingo 5 de febreiro ás 17:00 horas na Lomba (Vilagarcía).

Estréase nunha convocatoria Carlos López, a nova incorporación do filial neste mercado de inverno. Cristóbal Parralo, técnico fabrilista, citou ademais a estes xogadores: Anxo, Álex Cobo, Arnau, Blas, Quique Fornos, Lucas, Nacho Monsalve, Álex Corredera, Edu, Queijeiro, Manu Molina, Óscar, Borja Galán, Jardel, Jorge Carreón e Hugo Rama.

Tamén xogan o domingo o Xuvenil A en Tanos (Cantabria) ante o Tropezón; o Xuvenil B en Vigo ante o Santa Mariña; e o Alevín A en San Tirso.

En Abegondo xogaron, e gañaron este sábado Cadete B (4-1), Infantil A (7-0) e Infantil B (13-0). Os dous primeiros en choques da liga Galega ante os respectivos equipos do Victoria.

Os partidos dos catro equipos que se tiñan que disputar hoxe sábado na Coruña foron suspendidos polo temporal de vento e choiva que azouta Galicia, tal e como ordenou o Concello coruñés.

Descansaron pois obrigatoriamente o Cadete A (que xogaba no campo da Leyma ante o Ural), Alevín B (cuxo rival en La Torre era o Obradoiro), Benxamín A (que se medía ao Ural A en A Grela 2) e Benxamín B (co Calasanz C como adversario, en La Torre).

Polo calendario, tivo tamén parón o Deportivo Abanca B, debido á disputa da segunda fase do Campionato de Seleccións Territoriais Sub-16 e Sub-18.

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Terceira División

AROSA - FABRIL, o domingo 5 de febreiro ás 17:00 na Lomba (Vilagarcía)

Categoría xuvenil

División de Honra: TROPEZÓN - XUVENIL A, o domingo 5 de febreiro ás 12:00 no campo de Santa Ana (Tanos)

Liga Nacional: SANTA MARIÑA - XUVENIL B, o domingo 5 de febreiro ás 12:00 en Cotogrande - 2 (Vigo)

Categoría cadete

División de Honra: URAL - CADETE A, suspendido

Liga Galega, grupo 1º: CADETE B 4 (Jorge -2-, Portas e Mario) - VICTORIA B 1

Categoría infantil

Liga Galega, grupo 1º: INFANTIL A 7 (Axel -3-, Jorge -2-, Novoa e Nils) - VICTORIA 0

Primeira Autonómica, grupo 1º: INFANTIL B 14 (Hugo Baldomar -5-, Adrián Lombao -3-, Iván, Quique -2-, Xosé, Álex e Zerfu) - OBRERO 0

Categoría alevín

Trofeo Luís Calvo de fútbol once, segunda xornada: SAN TIRSO - ALEVÍN A, o domingo 5 de febreiro ás 12:00 no campo de O Monte (San Tirso)

Segunda Fase Comarcal: OBRADOIRO - ALEVÍN B, suspendido

Categoría benjamín

Primeira Comarcal A Coruña: URAL A - BENXAMÍN A, suspendido

Segunda Comarcal A Coruña: BENXAMÍN B - CALASANZ C, suspendido