RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Cani: ''Os asubíos son merecidos porque levamos unha segunda volta moi mala''

  Cani, un dos futbolistas con más experiencia do vestiario do Dépor, manifestó esta mañana na sala de prensa que ao Vilarreal, rival do Dépor este domingo 8 de maio no Madrigal (17.00 horas, Canle+ Liga / A

Por esta razón, o atacante deportivista subliña que "non temos que pensar que nolo van a regalar nin porque xoguen en Europa imos gañar seguro".

Dos asubíos que se escoitaron en Riazor o pasado domingo ante o Xetafe, Cani opina que "son merecidos, porque levamos unha segunda volta moi mala e a xente expresa o que ve no campo. Igual que os xogadores non estamos satisfeitos connosco, eles tampouco".
 
Iso si, expresou o seu desacordo en que se comente que "nos salvemos polos fallos dos demais. Os puntos fixémolos nós, todos. O que pasa é que os fixemos ao principio. Se ao principio fixésemos a segunda volta e agora a primeira, sería o leite. E os puntos serían os mesmos. Creo que os puntos os fixemos nós".
 
Reflexiona Cani en que "se está indo polo camiño fácil, que é ir ao adestrador. Cando vai a cousa mal, botamos ao adestrador, e outro novo. Realmente debemos facer autocrítica todos porque non creo que sexa culpa só do adestrador. El ten o seu parte de culpa porque é unha peza importante, pero os xogadores tamén, a directiva tamén, mesmo vós (os medios de comunicación). Todos os que convivimos no Dépor temos parte de culpa. Todo o mundo".
 
Así, incide en que "nós non tivemos un bo rendemento na segunda volta, el (Víctor) equivocouse en mil cosas, a Directiva faría cousas mal, vós puxestes cousas do vestiario que non eran verdade, ou eran medio verdades. Porque eu estiven aí, e linas. Todos contribuímos".