RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor concluíu este xoves cun partido a primeira sesión maratoniana da pretemporada de 12 horas en Abegondo

O Dépor concluíu cun partido a primeira sesión maratoniana desta pretemporada.

O futbolista chegou á Cidade Deportiva para almorzar ás 8:30 da mañá e, despois de dous adestramentos con comida incluída entre ambos, abandonaba o recinto pasadas as 20:00 horas.

Uns rondos e un partido a tres cuartas partes de campo once contra once foron as tarefas do Dépor pola tarde.

Do mesmo xeito que pola mañá, 3 futbolistas estiveron á marxe do grupo: Jose Ángel, Pablo Vázquez e Arnau Comas.

A sesión prolongouse por espazo de case hora e media cunha temperatura máis que aceptable para ser pleno verán: apenas 22 graos de temperatura.

O balón, tamén protagonista na sesión matinal

O Dépor completou pola mañá a primeira das dúas sesións de traballo previstas.

O balón foi o protagonista dun adestramento que arrincou cunha activación e cun circuíto de forza con finalizacións.

Após uns rondos, os futbolistas dividíronse en dous grupos para cada metade de campo. Nunha, Antonio Hidalgo dirixiu un exercicio táctico. Na outra metade, o outro grupo de futbolistas completaba unha tarefa ofensiva.

Mañá venres 11 de xullo Os Nosos adestraranse a partir das 10:30 horas nunha única quenda.