O xogador do Deportivo Joan Capdevila fué titular no partido de preparación que a selección olímpica disputou ante un combinado de xogadores do Sur de Australia, e gañou por 1 a 5.
canaldeportivo, A Coruña11/09/2000 21:36
A selección olímpica, situada no grupo B, coa República de Corea, Marrocos e Chile, disputará os seguintes encontros dentro do grupo: -Día 14 ás 18:30 en Adelaide (Hindmars Stadium): República de Corea- España. -Día 17 ás 20:00 en Melbourne (Melbourne Cricket Ground): España - Chile -Día 20 ás 20:00 en Melbourne: España - Marrocos
Bassir, pola súa banda, cuxa selección se atopa tamén no grupo B, xogará o día 14 ante Chile, o 17 ante a República de Corea e o día 20 contra España.
Os cuartos de final disputaranse o día 23, as semifinais o día 26, terceiro e cuarto posto o día 29 e a gran final o día 30.
As despedidas sempre son tristes. Con todo, lévome da
Coruña e do Real Club Deportivo unha chea de recordos, moitos e
bos amigos e sobre todo o agarimo dunha cidade irmá ao meu país e
o recoñecemento duns afeccionados que sempre me apoiaron, aínda nos
malos momentos.
O Real Club Deportivo e a Juventus chegaron hoxe a un
principio de acordo para o traspaso do futbolista portugués Jorge Andrade ao cadro italiano. O internacional portugués desprazarase nos próximos días a Turín para formalizar a súa incorporación ao histórico club italiano. Jorge Andrade chegou ao Deportivo na tempada 2002-03
procedente do O Porto de Portugal. Disputou no Deportivo un total de 157
partidos oficiais entre Liga, Champions League, Copa Intertoto e
Copa do Rei e anotou tres goles, un deles, ante o Newcastle en Riazor
na Copa Intertoto da tempada 2005-06, de moi bela
factura.
Os internacionais Aouate e Joan Capdevila foron os últimos internacionais en incorporarse aos adestramentos do Deportivo. Falta unicamente De Guzman, concentrado con Canadá na Golden Cup que se disputa en Miami, e na que sobresaíu como goleador, ao anotar dúas dianas fronte a unha selección mundialista como o foi Costa Rica.