RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Catro xogadores do Deportivo teñen partido mañá

Catro xogadores do Deportivo teñen este martes 22 de decembro partidos amigables.

No Camp Nou de Barcelona, Lopo e Sergio foron citados por Catalunya para enfrontarse nun amigable a Arxentina a partir das 20.00 horas.

E en Madrid, no Estadio Santiago Bernabeu, Ze Castro e Bodipo participan no partido "Champions for Africa" que enfronta a unha Selección da liga capitaneada por Sergio Ramos fronte a un combinado de xogadores africanos, con Kanoute á fronte.