RCD / NOVAS

Celso Borges chega á Copa de Ouro asentado no once inicial de Costa Rica

Celso Borges disputó esta pasada madrugada o último amigable con Costa Rica antes da Copa de Ouro da Concacaf, en cuxa lista definitiva está xa incluído o mediocentro branquiazul. Foi en Orlando (Estados Unidos) ante México (2-2). Borges jugó o noventa minutos.

28/06/2015 15:57

O deportivista xa foi titular nos dous primeiros partidos de adestramento disputados este mes de xuño por Costa Rica: En Buenos Aires ante Colombia e en León fronte a España; co que parece asegurada a súa presenza no once inicial na Copa de Ouro.

Os resultados dos partidos foron os seguintes:

-COSTA RICA 0 - COLOMBIA 1

ESPAÑA 2 - COSTA RICA 1

COSTA RICA 2 - MÉXICO 2

A Copa de Ouro da Concacaf, en Estados Unidos, presenta este calendario para Costa Rica na Primeira Fase:

9 de xullo: COSTA RICA - XAMAICA
12 de xullo: COSTA RICA - O SALVADOR
15 de xullo: CANADÁ - COSTA RICA

O mediocentro branquiazul permanecerá concentrado ata que finalice a súa participación na Copa de Ouro, cuxos partidos definitivos serán o 18 e 19 de xullo (cuartos de final), o 22 de xullo (semifinais), o 25 de xullo (final de consolación) e o 26 de xullo (final).

Iván Cavaleiro xogará con Portugal a final do Europeo Sub-21

Iván Cavaleiro, autor ademais dun tanto, goleou onte con Portugal a Alemaña (5-0) e clasifícase para a final do Campionato de Europa Sub-21, que se xoga o vindeiro martes 30 de xuño na República Checa. O atacante deportivista foi titular e xogou a primeira parte.

Na Primeira Fase, Iván Cavaleiro foi suplente no segundo encontro ante Italia (0-0) e titular no primeiro, fronte a Inglaterra (1-0), e no último ante Suecia (1-1).

Os resultados de Portugal foron os seguintes:

-INGLATERRA 0 - PORTUGAL 1
-ITALIA 0 - PORTUGAL 0
-PORTUGAL 1 - SUECIA 1

Semifinal
-PORTUGAL 5 - ALEMAÑA 0

Final
-PORTUGAL - SUECIA, o martes 30 de xuño

Sam Piette incorpórase hoxe domingo 28 de xuño á concentración de Canadá

O fabrilista Sam Piette, tras liquidar de titular a eliminatoria de clasificación para o Campionato do Mundo ante Dominica (0-2 en Roseau e 4-0 en Toronto), concéntrase hoxe domingo 28 de xuño en Santa Bárbara (Estados Unidos) xa para a Copa de Ouro.

A Copa de Ouro ten o seguinte calendario para Piette e Canadá:

9 de xullo: O SALVADOR - CANADÁ
12 de xullo: XAMAICA - CANADÁ
15 de xullo: CANADÁ - COSTA RICA

Sam Piette permanecerá concentrado ata que finalice a súa participación na Copa de Ouro, cuxos partidos definitivos serán o 18 e 19 de xullo (cuartos de final), o 22 de xullo (semifinais), o 25 de xullo (final de consolación) e o 26 de xullo (final).

Máis novas de: CAVALEIRO, BORGES