RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cris e Lía defenderán as cores do Dépor Abanca un ano máis

A defensa Cristina Martínez Gutiérrez "Cris" e a centrocampista Rosalía Muiño González "Lía", xogadoras do Dépor Abanca, rubricaron a súa renovación por unha temporada co conxunto branquiazul, sumando os seus nomes a outro nove xa confirmados para o plantel do primeiro equipo feminino do Deportivo a próxima campaña.

Deste xeito, o Deportivo Abanca '17-'18 xa conta con: Anita, Estefi, Miriam, María Curral, Nuria, Raquel Béjar, Tere Abelleira, Kika Moreno, Gaby García, Cris e Lía.