RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cris xogará por oitava campaña consecutiva no Dépor ABANCA após prorrogar o seu contrato até xuño de 2024

Cristina Martínez Gutiérrez (Astorga, León, 26 de xuño de 1993) renovou o seu contrato co Deportivo ABANCA por unha temporada máis, até o 30 de xuño de 2024.

A lateral maragata é, xunto a Patri López, a única sobrevivente do primeiro cadro da historia do Dépor ABANCA, no curso 2016-2017. Así pois, cumprirá a próxima campaña a súa oitava defendendo a zamarra branquiazul, unha máis, con todo, que a melidense, que na temporada 2017-2018 xogou cedida no PM Friol.

Cris é a xogadora que máis partidos oficiais disputou nas sete temporadas de existencia do Deportivo ABANCA, con 163 aparicións, moi por diante de Gaby (117), Iris (107) e Peke (106), que completan o cuarteto de futbolistas que superan o centenar de encontros.

Na presente campaña, Cris participou nos 20 choques ligueiros, todos eles como titular e 13 completos, ademais de xogar uns minutos nun dos partidos de Copa de la Reina. Aínda que case sempre xogou como lateral dereita tamén durante este exercicio disputou encontros na banda contraria.