RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cuarta Copa Deputación consecutiva para o Dépor ABANCA

O Deportivo ABANCA sumou esta tarde a súa cuarta Copa Deputación de maneira consecutiva ao imporse esta tarde ao Victoria CF (0-6) nas Eiroas (Carballo).

A pesar do marcador, o conxunto que prepara Manu Sánchez tivo que traballar de xeito abondo para dobregar a un rival moi ben organizado en defensa.

Destacou sobre todas a actuación de María Méndez. A futbolista asturiana anotou 2 tantos, un deles dun forte chute pola escuadra desde moi lonxe, e deu unha asistencia. Peke, Alba Suárez, Nuria Rábano e Carlota completaron o marcador.

Deportivo ABANCA: Miralles, Cris, Sara Álvarez, Laura, Noelia Villegas, María Méndez, Sofía, Yamamoto, Carlota, Peke e Athenea. Tamén xogaron: Iris, Michelle Romero, Alba Suárez e Nuria Rábano.

As branquiazuis apearon nesta competición ao Once Caballeros CF (dezaseisavos de final), UD Paiosaco Hierros Añón (oitavos de final), Orzán SD (cuartos de final) e Victoria FC (semifinais).

Este sábado 17 de agosto toca torneo '3 en 1', o Villa de Jovellanos, no campo de Santa Cruz de Xixón, co Real Oviedo Femenino e o Sporting de Gijón como rivais.

As citas de pretemporada previstas para o Dépor ABANCA, cos resultados dos partidos xa xogados, son as seguintes:

Mércores 31 de xullo, dezaseisavos de final da Copa Deputación: Once Caballeros CF 0 - Deportivo ABANCA 4 (Nuria Rábano, Kika, Peke e Noelia Villegas)
Domingo 4 de agosto: Campo de La Eragudina (Astorga), Deportivo ABANCA 0 - Madrid CFF 2
Luns 5 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo da Porta Santa (Paiosaco), UD Paiosaco Hierros Añón 0 - Deportivo ABANCA 8 (Patri López -3-, Nuria Rábano -2-, Peke -2- e Silvia Mérida)
Xoves 8 de agosto: Cuartos de final da Copa Deputación, Abegondo: Orzán SD 0 - Dépor ABANCA 9 (Michelle Romero, Yamamoto, Peke -3-, Alba Suárez, Patri López, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Sábado 10 de agosto: Trofeo Teresa Herrera, Estadio ABANCA-RIAZOR, Deportivo ABANCA 1 (Alba Merino) - UD Granadilla 5
Domingo 11 de agosto: Semifinais da Copa Deputación, Municipal de Santa Isabel (Santiago), Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Patri López, Carlota, Peke e Alba Suárez)
Mércores 14 de agosto: Final da Copa Deputación, campo das Eiroas (Carballo), Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 6 (Peke, María Méndez -2- Alba Suárez, Nuria Rábano e Carlota)
Sábado 17 de agosto: Trofeo '3 en 1' Villa de Jovellanos, campo de Santa Cruz (Xixón), 17:15 h Deportivo ABANCA - Real Oviedo Femenino; 18:15 h Sporting de Gijón - Dépor ABANCA
Sábado 31 de agosto: SC Braga - Deportivo, en Braga (Portugal)