RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Diego Villares, Xogador Estrella Galicia do Dépor 20·21

Diego Villares Yáñez (Vilalba, 17 de xuño de 1996) foi elixido polos Deportivistas como Xogador Estrella Galicia do Dépor na Temporada 2020·2021.

12 partidos e pouco máis de 1.000 minutos sobre o terreo de xogo após a súa promoción do Fabril ao primeiro equipo no mercado de inverno serviron ao centrocampista galego para facerse con este galardón. Por iso mostrábase sorprendido e agradecido polo premio: “só foi media temporada pero fixen bos partidos e iso valorouse. Sempre é agradable que a xente aprecie o teu traballo”, sinalou. Optaba ao mesmo xunto a Mujaid Sadick, Álex Bergantiños e Keko Gontán.

Os catro finalistas foron elixidos polos profesionais da comunicación que cobren a diario a información do Deportivo e o gañador, entre 4.238 votos emitidos na conta oficial do Deportivo en Twitter. O 57,9% foron para Villares, o 24,1% para Álex Bergantiños, o 11,6% para Mujaid e o 6,4% para Keko Gontán.

Ao longo desta temporada o propio Keko, Uche, Rolan e Mujaid levaron premios ao Xogador Estrella Galicia do mes.