RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Duro escollo para a Bosnia de Medunjanin, hoxe luns ante Bélxica

- Foto: Susi García - O segundo encontro deste parón por seleccións para o deportivista Haris Medunjanin será hoxe luns 13 de outubro fronte a Bélgica en Bosnia (Estadio Bilino Polje de Zenica) ás 20.45 horas.

Haris Medunjanin foi titular e disputou o noventa minutos do primeiro partido da súa selección, Bosnia, en Gales (0-0) o pasado venres 10 de outubro, tamén clasificatorio para o Campionato de Europa.

O centrocampista branquiazul chegou ao seu equipo nacional tras marcar un gran gol de falta en Sevilla no último partido ligueiro; e convertido nun do pichichi do Dépor.

Pablo Insua enfróntase a Serbia en Cádiz

Pablo Insua afronta coa Selección Española o martes 14 de outubro ante Serbia en Cádiz o partido de volta do play off de clasificación para o Campionato de Europa Sub-21.

O central deportivista foi suplente no partido de ida disputado o pasado venres en Jagodina (0-0) entre ambas as seleccións.

Cavaleiro mídese o martes a Holanda con dous goles de renda

O deportivista Iván Cavaleiro afronta este martes 14 de outubro na localidade lusa de Pacos Ferreira con dous goles de vantaxe ante Holanda o partido de volta do play off de clasificación para o Campionato de Europa Sub-21.

O atacante branquiazul foi titular o pasado xoves na vitoria da Selección Sub-21 de Portugal (0-2), no partido de ida disputado no estadio AFAS de Alkmaar.