RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Emre Çolak, novo xogador do Deportivo 2019-2020

Emre Çolak (Istambul, Turquía, 20 de maio de 1991) regresa ao Deportivo para reforzalo de cara á segunda metade da Temporada 2019-2020.

O mediapunta turco converteuse no primeiro xogador desta nacionalidade na historia do Club, cando se incorporou ao mesmo no verán de 2016. Nas filas do equipo branquiazul militou durante 2 campañas na Primeira División, nas que disputou 59 partidos, anotou 4 goles e deu 9 asistencias en 3.929 minutos, mentres que en Copa do Rei xogou 4 partidos, marcando 1 gol.

Internacional en 4 ocasións coa selección absoluta do seu país (2 delas sendo xogador branquiazul), antes de fichar polo Deportivo xogou 180 partidos co Galatasaray, co que marcou 19 goles durante 6 temporadas.

Trala súa marcha do Deportivo asinou polo Al Wehda Club, entón campión de Arabia Saudita. Co equipo da cidade da Meca participou en 15 partidos, nos que anotou 1 tanto. Agora regresa á Coruña coa carta de liberdade. Aterra hoxe en Alvedro ás 15:30 para completar nas próximas horas o pertinente recoñecemento médico e poñerse ao dispor de Fernando Vázquez co inicio do novo ano.