RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas de público para o Dépor-Sanse con prezo especial se se adquiren co carné do Dépor

Para o partido do sábado ás 19:00 h. contra a UD Sanse vólvense a pór entradas a disposición da afección que queira acudir ao Estadio ABANCA-RIAZOR e que non teña carné do Dépor 21-22. Desde este partido, as socias e socios do Deportivo poden acceder directamente co seu carné.

Os prezos das entradas para o público oscilan entre os 28 euros da Tribuna Superior e os 8 de Pavillón Inferior, pero todas esas socias e socios do Dépor dispoñen dunha oferta para comprar até 4 entradas por carné, con prezos que van dos 8 aos 4 euros en función da bancada (Esgotada Marathón Inferior).

As entradas poden comprarse seguindo o mesmo método que se veu utilizando nos últimos partidos en ABANCA-RIAZOR, a través da páxina:

https://bancada.rcdeportivo.es/