RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Estrela Galicia continuará tres tempadas máis como patrocinador principal do Real Club Deportivo

O Presidente Lendoiro e o seu Consello de Administración anunciaron esta tarde en rolda de prensa na Praia Club que a firma Estrela Galicia continuará tres tempadas más sendo o principal patrocinador do Real Club Deportivo. "Quer

Precisamente Estrela Galicia ten no mercado a disposición dos clientes unha edición especial de cervexa de apoio ao club. Trátase dunha edición especial de botellas deseñadas co escudo do R.C. Deportivo da Coruña e a lema “Sempre Depor”. Con este lanzamento, a marca de cervexa de orixe galega homenaxea ao club coruñés que, nestes momentos, conta con todo o apoio dos afeccionados renovando xa os seus abonos para a tempada 2011-2012.

Estrela Galicia quere demostrar o seu compromiso co fútbol galego e co Deportivo. Por iso lanzou 720.000 botellas desta nova edición coa que a emblemática cervexa homenaxea ao club branquiazul. Esta acción enmárcase dentro da campaña que está a desenvolver a marca en apoio ao equipo coruñés, ratificada hoxe co acordo ampliado a tres tempadas máis como patrocinador principal do Real Club Deportivo.

Faiche unha foto coa Estrela Sempre Depor e envíanola a deporcerveza@canaldeportivo.com e formarás parte do noso album "Sempre Depor" en facebook