RCD / NOVAS

Fabian Schär, novo xogador do Deportivo

21/07/2017 12:00

Fabian Lukas Schär (Wil, Cantón de San Galo, Suíza, 20 de decembro de 1991) converteuse esta mañá, pendente de revisión médica, en novo xogador do Real Club Deportivo para as próximas 4 temporadas. O futbolista internacional suízo xoga como defensa central e procede do TSG 1899 Hoffenheim da Bundesliga.

Schär iniciou a súa carreira nas categorías inferiores do Wil, equipo no que debutou profesionalmente en 2009, disputando un total de 52 encontros en 3 temporadas, antes de dar o salto ao Basilea, da Primeira División Suíza, co que xogou outras 3 campañas e un total de 73 partidos. Os dous últimos anos defendeu a camiseta do Hoffenheim, co que acumula un total de 28 encontros máis.

No seu país conquistou 2 Ligas Suízas e a distinción de mellor debutante no ano 2013. Coa súa selección participou nos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres e no Mundial de Brasil 2014. Foi internacional coa selección absoluta de Suíza en 29 oportunidades e marcou 7 goles.

Máis novas de: SCHÄR