RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Fabricio e Luisinho locen a nova camiseta branquiazul na súa presentación

var ivPlayer672830 = new IVPlayer("350", "63",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer672830.playVideo('player672830', 'rp_presidente_luisinho_club_presentacion

Augusto César Lendoiro deulles a benvida a ambos, que asinan por tres tempadas, aínda que desexou que fose por máis tempo. De Luisinho dixo que o Dépor "levaba moito tempo detrás del" e presentoulle á cidade da Coruña como unha cidade "cariñosa e cosmopolita".

Pola súa banda, de Fabricio comentou que é un "futbolista da casa" e repasou a súa longa traxectoria no Deportivo "desde xuvenís, pasando polo Fabril e o primeiro equipo".

Luisinho confesou que "fiquei tolo de contento cando supen do interese do Deportivo". Explicou que no Paços Ferreira actuara de volante pero en Benfica "retrasei a posición ou lateral". Así mesmo, manifestou que trae moi boas referencias do Dépor, ao que definiu como "unha familia", de ex xogadores como Roderick.

Pola súa banda, Fabricio asegurou que regresa ao Deportivo, "á miña casa, máis maduro".