RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Fabricio, elixido mellor xogador do Dépor da tempada recentemente finalizada

Fabricio Agosto foi elixido mellor xogador do Deportivo polos afeccionados que participaron na enquisa en Canaldeportivo. O 62,34% eligió á meta branquiazul como o futbolista más destacado, aínda que arrincase a liga no banco. Disputó

Ademais, Fabricio Agosto recibiu recoñecementos de varias agrupacións, como a Federación de Penas (Premio DXT Campión), a pena internacional deportivo-a-coruna.com ou a pena deportivista Rebumbio, que o elixiu como futbolista revelación.

En segundo lugar, os afeccionados elixiron a Lucas Pérez (10,96%). O atacante coruñés gañouse o agarimo do deportivismo polo seu bo fútbol, a súa entrega e os seus goles, seis en total. Disputou 21 partidos, sendo titular indiscutible tras superar unha lesión de xeonllo que o mantivo fóra do equipo durante varios partidos. O seu golazo no Camp Nou na última xornada de liga, que supuxo o 1-2, abriu o camiño para a permanencia do equipo.

Finalmente, un dos capitáns, Álex Bergantiños, foi o terceiro mellor xogador, co 5,98% dos votos. O coruñés acabou a tempada consolidado no mediocentro, formando parella con Celso Borges. Disputou 33 partidos, 29 deles como titular. Por primeira vez na súa carreira, Álex cumpriu o soño de manter ao Dépor en Primeira División.

¿Quen crees que foi o mellor xogador do DÉPOR na tempada 2014/15?
Desde o 03/06/2015 ata o 22/06/2015 recibíronse 2326 repostas

Fabricio
62.34% (1450)
Lucas Pérez
10.96% (255)
Álex Bergantiños
5.98% (139)
Sidnei
3.31% (77)
Wilk
3.01% (70)
Diakité
2.54% (59)
Luisinho
2.36% (55)
Salomão
1.25% (29)
Lopo
0.73% (17)
Postiga
0.69% (16)
Hélder Costa
0.69% (16)
Manuel Pablo
0.64% (15)
Medunjanin
0.60% (14)
Iván Cavaleiro
0.60% (14)
Conca
0.52% (12)
Canella
0.47% (11)
Toché
0.43% (10)
Juan Domínguez
0.43% (10)
Borges
0.34% (8)
Germán Lux
0.34% (8)
Laure
0.34% (8)
Insua
0.34% (8)
Oriol Rise
0.26% (6)
Juanfran
0.26% (6)
Juan Carlos
0.26% (6)
Fariña
0.17% (4)
José Rodríguez
0.13% (3)