RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Fases finais para os equipos de #ANOSACANTEIRA que participan en torneos amigables

Fin de semana de torneos amigables para cinco equipos de #ANOSACANTEIRA. Así, o Infantil B competiu estes días en Cerdeña (Torneo Internacional Manlio Selis 2017); o Alevín A xoga en Barcelona a Danone Cup (pelexará polo quinto posto), o Alevín B en Calamocha (Teruel) a Jamón Cup (o seu obxectivo é meterse en cuartos de final), e o Benxamín A en Düsseldorf (Alemaña) a OKI Pfingstcup (atópase na segunda fase). Mañá domingo únese o Benxamín B, que participa en Carballo no Torneo Conservas Calvo.

O Alevín A pelexará mañá polo quinto posto da Danone Cup

O Alevín A representa á Coruña na fase final da Danone Cup en Barcelona. O conxunto branquiazul pelexará mañá polo quinto posto, tras ser apeado en cuartos de final polo Sevilla, cun polémico gol andaluz.

O calendario do Alevín A, cos seus resultados, foron os seguintes:

Sábado 3 de xuño
Primeira Fase
MÁLAGA 0 - ALEVÍN A 1 (Carlos)
ALEVÍN A 0 - ESPANYOL 5
CF MAJORERAS 0 - ALEVÍN A 5 (Domínguez, Javi -2-, Yago e Noah)

Cuartos de final
ALEVÍN A 0 - SEVILLA 1

Domingo 4 de xuño
Partido polo quinto e sexto posto
12:20: ALEVÍN A - VILLARREAL

O Alevín B, a piques de pasar a cuartos de final da Jamón Cup en Calamocha (Teruel)

A Jamón Cup en Calamocha (Teruel) é o obxectivo do Alevín B. O torneo desenvólvese desde onte venres 2 a mañá domingo 4 de xuño nas instalacións de Jumaya.

O Alevín B necesita vencer mañá domingo ao Salou Costa Daurada para pasar a cuartos de final. Un empate podería valer, pero dependería doutros equipos.

Os resultados e o calendario do equipo deportivista son os seguintes:

Sábado 3 de xuño
Primeira Fase
ALEVÍN B 6 (Dani, Samu -2-, Jorge, Iván, e Pablo) - MONTEARAGÓN AD 0
ALEVÍN B 0 - ATHLETIC CLUB 2
VILLARREAL CF 1 - ALEVÍN B 2 (Lucas -2-)
ALEVÍN B 3 (Óscar -2- e Jorge) - CDB MASSANASA 0

Domingo 4 de xuño
11:00: ALEVÍN B - EFB SALOU COSTA DAURADA

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, mentres que o resto de equipos xogará unha fase de consolación, todo iso a continuación.

O Benxamín A, en segunda fase da OKI Pfingstcup

O Benxamín A atópase na cidade alemá de Düsseldorf, na OKI Pfingstcup.

Mañá domingo xogará a Segunda Fase, con tres partidos máis.

O calendario do Benxamín A, cos resultados conseguidos ata agora, son os seguintes:

Sábado 2 de xuño
Primeira Fase
BENXAMÍN A 2 (Jairo e Álex) - FC SQUARE KOREA 0
SC FEUCHT 4 (Álex -3- e Pablo Fernández) - BENXAMÍN A 1
BENXAMÍN A 0 - DSC ARMINIA BIELEFELD 2
NEC NIJMEGEN 1 - BENXAMÍN A 0
BENXAMÍN A 6 (Álex -2-, Jairo -2-, Pablo Vázquez e Erick) - SSV STRÜMP 0

Segunda Fase
BENXAMÍN A 2 (Álex -2-) - HAMBURGO 0

Domingo 4 de xuño
9:00: BENXAMÍN A - RW OBERHAUSEN

O Benxamín B participa mañá domingo na sexta edición do Torneo Conservas Calvo

O Benxamín B competirá mañá domingo 4 de xuño nas Eiroas (Carballo) na sexta edición do Torneo Conservas Calvo.

O cadro deportivista quedou encadrado no grupo C, co Calasanz, Residencia, Atlético Coruña Montañeros e Orillamar como rivais.

O calendario da Primeira Fase é o seguinte:

09:55: BENXAMÍN B - ORILLAMAR (campo 2)
10:45: RESIDENCIA - BENXAMÍN B (campo 2)
12:25: BENXAMÍN B - CALASANZ (campo 2)
15:55: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS - BENXAMÍN B (campo 2)

Os dous primeiros de cada grupo accederán a cuartos de final, que se xogan xa a continuación.

O Infantil B cae en oitavos de final en Cerdeña

O Infantil B caeu onte venres en oitavos de final do Torneo Internacional Manlio Selis 2017, que se xoga no Stadio Limbara en Luras (Cerdeña, Italia). A Fiorentina tombou as ilusións branquiazuis, que a pesar de todo realizaron un bo torneo.

Os resultados do Infantil B foron os seguintes:

Mércores 31 de maio
Primeira Fase
INFANTIL B 5 (Quique -2-, Trigo, Hugo Baldomar e Dani) - ACCADEMIA OGLIASTRA 1

Xoves 1 de xuño
INFANTIL B 6 (Hugo Baldomar -2-, Álex -2-, Trigo e Roque) - SAN PAOLO SASSARI 0
INFANTIL B 0 - CAGLIARI 1

Venres 2 de xuño
Oitavos de final
INFANTIL B 1 (Álex) - FIORENTINA 2