RCD / NOVAS

Héctor: Desde o primeiro día da pretemporada a nosa mente está na Champions

Héctor compareceu esta mañá na sala de prensa de "O Mundo do Fútbol". O polivalente defensa andaluz insistiu en que "desde o primeiro día desta pretemporada, a nosa mente está posta na eliminatoria da liga de Campións". Cre que o equipo está preparado para a gran cita, "na que nos xogamos a metade da tempada".

20/08/2004 12:04

Opina Héctor que "o ano pasado, o Rosenborg tiña xogadores de maior nivel internacional que o Shelbourne. Por iso creo que quedar fóra sería un fracaso".
Respecto da próxima concentración de Vilalba, Héctor manifestou que "se o técnico considéraa oportuna, non hai ningún problema".

Máis novas de: HÉCTOR

RCD / Noticias Relacionadas

04/01/2005 20:12 |

Visita ao Materno

Cinco xogadores deportivistas (Luque, Dani Mallo, Héctor, Valerón e Sergio) pasáronse esta mañá despois do adestramento matinal en Abegondo polo Hospital Materno Infantil Teresa Herrera para repartir agasallos doados por JOMA entre os nenos hospitalizados. Os futbolistas branquiazuis fixeron, coa súa simpatía, as delicias dos enfermos, dos pais e do persoal hospitalario. Entre os agasallos había mochilas, camisetas, riñoneras do Dépor e, por suposto, camisetas e pantalóns branquiazuis.

07/12/2004 13:39 |

Héctor:
"Quero gañar pola nosa afección"

O lateral andaluz Héctor perfílase como titular na banda dereita do Deportivo. El quere "gañar ao Mónaco pola nosa afección" e, así mesmo, indicou que de non ser o Dépor, "dáme igual quen pase á seguinte fase". Respecto dos fallos que o equipo está a ter en defensa, Héctor di que "o que xoga decídeo o adestrador e eu non son quen de dicir se debo de xogar ou non".

18/11/2004 20:22 |

Héctor renovou o seu contrato dúas tempadas máis

Héctor Berenguel pasouse hoxe pola tarde para selar a súa continuidade dúas tempadas máis -ata xuño de 2007- no Deportivo. Este "segredo a voces", tal e como o cualificou Augusto César Lendoiro, "debeuse sobre todo á boa vontade e o bo facer tanto de Héctor como do seu axente, Sánchez Sabater". O Presidente deportivista agradeceu o traballo de Héctor desde a súa chegada ao club procedente do Sevilla e sobre todo "non crear problemas nos momentos duros".