RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Inaugurada unha nova DéporTienda na rúa Real da Coruña

O Real Club Deportivo puxo en marcha este mediodía a terceira das súas tendas físicas. Após a de ABANCA-RIAZOR e o centro comercial Marineda City, chega a primeira tenda de rúa. A nova DéporTienda está situada no número 59 da rúa Real da Coruña. Máis pequeno que as tendas do Estadio e Marineda, o novo local está destinado a atender aos miles de coruñeses e visitantes da cidade que cada día transitan por unha das principais rúas da cidade.

A maior parte das referencias do catálogo comercial do Real Club Deportivo, especialmente as téxtiles de Macron, provedor técnico do Club, estarán a disposición de todos os clientes que se pasen pola nova DéporTienda, que estará aberta ao público de luns a sábado de 10:30 a 21:00 horas, ademais de aperturas especiais algúns domingos do ano.

Na posta de longo da DéporTienda de rúa Real 59 participaron o presidente do Real Club Deportivo, Paco Zas, os conselleiros Sánchez-Padrós, Borrajo, Méndez e Ruiz, a vicepresidenta da Fundación Oliva Figueira e catro xogadores de cada un dos principais equipos do Club. Representando ao Dépor ABANCA estiveron Teresa Abelleira, María Méndez, Misa e Maya Yamamoto, mentres que polo Deportivo acudiron Álex Bergantiños, Dani Giménez, Ager Aketxe e Gaku Shibasaki.