RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Jaime Sánchez, novo xogador do Dépor 2021-2022

Jaime Sánchez Muñoz (Chiclana de la Frontera, Cádiz, 11 de marzo de 1995) converteuse en novo xogador do Real Club Deportivo para a próxima campaña.

O defensa central gaditano, que asinou por unha temporada, chega despois de finalizar contrato co CE Sabadell, co que competiu o pasado exercicio na segunda categoría do fútbol nacional, e incorpórase xa esta tarde aos adestramentos na Cidade Deportiva de Abegondo despois de superar o recoñecemento médico nas intalacións de Quirón na Coruña.

Jaime formouse na EF Sancti Petri (2002-2009), equipo desde o que deu o salto ao Cádiz CF, en cuxas categorías inferiores militou durante tres temporadas (2009-2012). Entón foi fichado polo Real Madrid, onde finalizou o seu ciclo xuvenil e despois formou parte do Real Madrid C e do Real Madrid Castilla, ambos en Segunda División B.

Despois dunha cesión ao CE Sabadell no curso 2016-2017, en 2018 incorporouse ao Real Valladolid para xogar co seu equipo filial, co que chegou a disputar o playoff de ascenso a Segunda División na súa segunda campaña, a 2019-2020.

Ao longo das súas temporadas en idade sénior, Jaime acumulou 66 partidos en Segunda División B, aos que hai que engadir os 32 que disputou o pasado curso na categoría de prata co CE Sabadell, nos que anotou un tanto.

Ademais, o defensa andaluz alcanzou a internacionalidade en categoría sub-17 (5 partidos en 2012), sub-18 (2 en 2013), sub-19 (12 entre 2013 e 2014) e sub-21 (1 en 2014). Coa selección española sub-19 disputou a fase final do Campionato de Europa de 2013, xunto a un exdeportivista como José Rodríguez, na que España caeu ante Francia en semifinais.