RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Joselu Matogueira, novo xogador do Deportivo

  José Luís Mato Sanmartín "Joselu" (Stuttgart, 27 de marzo de 1990) é novo xogador do Real Club Deportivo tras o acordo de cesión ao que chegaron o Real Club Deportivo e o Stoke City.

O futbolista galego debutou co Celta en Segunda División antes de ser fichado polo Real Madrid, converténdose en máximo goleador do filial e debutando co primeiro equipo. En 2012 foi traspasado ao TSG 1899 Hoffenheim e na liga alemá tamén xogou cedido no Eintracht Frankfurt. Tras o seu paso polo Hannover 96, o dianteiro chega ao Deportivo cedido polo club que ten os seus dereitos desde a pasada tempada: o Stoke City da Premier League co que disputou 22 encontros.