RCD / NOVAS

Josep Calavera, novo xogador do Dépor 2021-2022

02/07/2021 19:06

Josep Calavera Espinach (Cabra del Camp, Tarragona, 2 de outubro de 1999) converteuse hoxe en novo xogador do Real Club Deportivo para a Temporada 2021-2022, en calidade de cedido por unha temporada con opcións futuras.

Josep Calavera é propiedade do Atlético de Madrid, onde chegou no mercado de inverno da temporada 2019-2020 procedente do CD Castellón.

O mediocentro catalán formouse nas categorías inferiores do Gimnàstic de Tarragona primeiro e máis tarde do FC Barcelona, que se fixo cos seus servizos no seu último ano de xuvenil. No seu único ano no club azulgrana, formou parte do equipo que conquistou a Copa de Campións e a UEFA Youth League na campaña 2017-2018.

Con só 19 anos debutou en Segunda División B co Lleida Esportiu, onde chegou cedido pola entidade barcelonesa. Un ano máis tarde, o CD Castellón fíxose con el en propiedade, aínda que co conxunto blanquinegro soamente disputou a primeira metade dunha temporada na que acabou logrando o ascenso á categoría de prata.

Nestas tres campañas con tres clubs distintos en Segunda B, Josep Calavera participou en 69 encontros, dos que 55 foron como titular.

Máis novas de: JOSEP CALAVERA