RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Juan Carlos opina que onte ''foi un debut soñado''

Juan Carlos debutó onte co Deportivo en Primeira División. "Colleume por sorpresa. Primeiro ir convocado e logo xogar, algo que ata fai dous días non contaba con iso. Estou contento con debutar en Primeira, porque o equipo gañase

O canteirán agradécelle a Víctor Fernández "a confianza de darme a oportunidade onte nun partido difícil, con 2-0. Quizais o máis lóxico fose facer un cambio defensivo, aguantar o partido. Meteume a min pronto, que son máis de corte ofensivo. Foi un cambio valente".

Rememorou o momento no que o técnico se dirixiu a el para ordenarlle quentar, xa iniciada a segunda metade: "Practicamente nin quentei. Díxome que quentase rápido e ao tres minutos xa entrei. Xa case non me deu tempo a pensar. Daquela unha vez entras ao campo xa máis tranquilo e por sorte gañouse e foi un debut soñado".

Advirte que "é unha alegría poder participar. Non deixei de traballar, tentei ser o mesmo, aprender cada día, mellorar, non caer na desesperación e déronme esta oportunidade pero non cambiou nada. Eu teño que seguir traballando igual e tentar demostrar ao míster que podo estar aí. Logo xa se verá".