RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Juan Domínguez: Se me vou cedido é porque tamén me gustaría poder regresar

Juan Domínguez se despidió esta tarde na sala de prensa de Riazor, a poucos días de pór rumbo a Mallorca, onde xogará cedido ata xuño de 2017. "Vou coas pilas cargadas, con moita ilusión, moi contento de empezar un

Recoñeceu que o Mallorca tivo interese en contratalo desde xaneiro, aínda que desvelou que houbo máis clubs interesados na súa contratación."Polo proxecto deportivo e polo proxecto individual creo que esta era a mellor opción", subliña.

Apunta Juan Domínguez que para a súa cesión "é o mellor momento. É unha decisión correcta. O tres partes estamos de acordo, tanto o Club, como o adestrador e como eu. Cremos que é a mellor decisión. Aquí apenas tiven protagonismo nesta última tempada. Coa idade que teño non me beneficia nin a min nin ao Club que estea parado. É o momento de probar algo novo e tentar mellorar para ser mellor xogador o ano que vén".

Confesa que lle pesou "bastante" na súa decisión final a presenza de Fernando Vázquez no banco do Real Mallorca: "Sei que é un adestrador que lle gusta o meu fútbol, gústanlle as miñas características como mediocentro. Se traballo e fágoo ben teño bastantes opcións de xogar".

Conta falar tamén con Gaizka Garitano, o novo adestrador do RC Deportivo: "Cre que é o mellor momento para que eu salga e poder mellorar, recuperar esa confianza, limpar un pouco a cabeza despois dunha tempada tan mala a nivel individual. Cremos que é o mellor para todos, para o Club tamén".

Por primeira vez na súa carreira profesional non vestirá as cores branquiazuis: "Algo de incerteza hai por ser a primeira vez. É algo que nunca vivín. Pero teño moitas ganas, vou moi ilusionado, moi contento e creo que todo vai ir ben. O fútbol é o día a día. Case todo xogador teno que facer nalgún momento da súa carreira. Afrontalo. O futuro xa se verá".

A intención, lembra Juan Domínguez, é que esta cesión "sexa un punto e seguido, e poder mellorar. Se me vou cedido é porque tamén me gustaría poder regresar".

Márchase temporalmente do Dépor agradecido: "Para o Presidente e o resto da directiva só teño palabras de agradecemento. Sempre se portaron moi ben comigo. Diría que foron os que apostaron forte por min e publicamente só teñen palabras de apoio".