RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Juca e Angulo, xa oficialmente deportivistas

Juca e Angulo foron presentados na Praia Club oficialmente como novos xogadores deportivistas. O Presidente do Deportivo, Augusto Cesar Lendoiro, deulles a benvida e auguró que "os dous seguro que van estar moito tempo no Club".

Juca, que xa traballou un par de días en Abegondo, destacou que os compañeiros "me recibiron moi ben. Creo que se vai a dar un gran ambiente de traballo e iso é moi positivo".
Angulo, pola súa banda, cre que o feito de vir cedido unha tempada "vaime a facer dalo todo polo Depor para poder quedarme".

Filipe
Respecto ao caso Filipe, o Presidente branquiazul recoñeceu reunirse en Madrid co futbolista, ao que viu "ansioso e con desexos de marcharse". Ademais, manifestou que no breve encontro que mantivo con Joan Laporta o pasado venres na Asemblea Xeral da Federación Española, recriminoulle a forma de actuar do Barcelona neste asunto, ao dirixirse primeiro ao xogador antes que ao Deportivo. Laporta "fíxome chegar as súas desculpas", engadiu Lendoiro, que pediu agora "sentar a falar, a dialogar para tratar de atopar algunha solución, entre o seny catalán e o sentidiño galego".

Lafita

Sobre Lafita, Augusto Cesar Lendoiro volveu deixar claro que é "cento por cento" do Deportivo. "O contrato establece claramente que o prazo para depositar ese primeiro pago (2 millóns de euros mais IVE) dun total de 3 millóns de euros mais IVE finalizaba o pasado 30 de xuño. Agora queda que os tribunais, ou a liga ou a Federación Española interpreten que o Zaragoza poida recomprarlo xa este verán pero polos 3,5 millóns de euros mais IVE que é o que esta fixado para antes de xuño de 2010". En calquera caso, Lendoiro asegurou que o Club maño non fixera pago algún a día de hoxe.

Xira e amigables confirmados
En canto á xira, Lendoiro confeso que o Embaixador de España en México e o Cónsul Xeral de Cancún "pedíronnos que pospuxésemos a viaxe para o ano que vén porque as circunstancias así o requirían. Por conseguinte, o Club xa estivo a traballar nun plan B". Desta forma, o dirixente deportivista confirmo oficialmente estes partidos:

23 de xullo. A.S. Roma - Deportivo (pendente de pechar os últimos flocos) no estadio que indique o Club italiano

1 de agosto. Toulouse - Deportivo na cidade francesa

7 de agosto. Vitoria de Guimaraes - Deportivo na cidade portuguesa

8 de agosto. Leixoes - Deportivo (por confirmar)

10 ou 11 de agosto, Trofeo Teresa Herrera en Riazor entre o Deportivo e o Atlético de Madrid

13 de agosto. Cádiz - Deportivo, do Trofeo Ramón de Carranza

15 de agosto. Terceiro ou cuarto posto ou gran final, segundo resultado da semifinal