RCD / NOVAS

Laure: Para min (o do sábado) é o partido máis importante da miña vida

Laure, segundo capitán do Deportivo, opina que o partido deste sábado 9 de maio ás 22.00 horas en San Mamés (Catro TV) "é o partido más importante da miña vida. É o partido. É a final, é a final do Deportivo e xa está. E logo que pase o que teña que pasar".

06/05/2015 19:46

Asegura que "cada un ten que manexar a súa tensión como poida, pero está claro que se non es valente, non vas gañar, non vas propor, é complicado gañar os partidos".

Subliña que o técnico "nos pediu moita concentración, en como temos que movernos, como quere expor o partido". Neste sentido, insiste en que "aquí se traballa moitísimo. Todos os días temos vídeo de que imos facer no campo, temos as sesións moi preparadas, case moi masticado todo".

Para este partido en San Mamés, Laure pide estar "concentrados, traballar, ser solidarios... Todos os adxectivos que queiramos necesitámolos".

Máis novas de: LAURE